Site icon Crónica3.com A Mariña

Marina Mayoral presenta ‘O anxo de Eva’

marina_mayoralMarina Mayoral fará a presentación do seu último libro, para toda a comarca: O anxo de Eva, cunha charla coloquio titulada “O anxo de Eva, amor e sexo aos trece anos” que terá lugar no Salón de actos da Casa da Cultura, venres día 22 de novembro ás 20:00 horas. Unha nena moi lista, un mozo belísimo con ás de anxo, unha nai abrumada e abrumante, un pai engaiolador e un tanto viraventos, unha amiga que lle está aprendendo a bicar con lingua, un irmán ateo, unha avoa que fala co marido morto. Un ático fronte ao mar e longas e cálidas noites dun verán no que a nena comeza a ser muller… O amor, a morte, o Alén, os grandes temas de sempre; personaxes cheos de humanidade e un sentido do humor característico. Marina Mayoral, herdeira dunha tradición literaria galega que vai de Rosalía a Cunqueiro, ofrécenos con O anxo de Eva unha das súas novelas máis logradas e de engaiolante lectura. Organiza a Biblioteca Pública Municipal de Foz.

Exit mobile version