Site icon Crónica3.com A Mariña

Martínez: “Os 2 anos de goberno de Rajoy tradúcense en máis paro e máis pobreza na provincia”

O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, fixo este venres un balance dos 2 anos do Goberno de Rajoy, destacando que se “tradúcense en máis paro e máis pobreza na provincia”. Martínez subliñou que “a Reforma Laboral de Rajoy fixo que o número de desempregados en Lugo aumentase en 2.351 persoas en dous anos. Preto do 20% dos fogares teñen dificultades para chegar a fin de mes. Son datos oficiais e públicos”.

“Máis paro, salarios máis baixos, menos dereitos e máis impostos. Vivimos con menos e pagamos máis”, remarcou o Deputado, indicando que os lucenses pagaron case 12 millóns de euros neste dous anos polo repago de menciñas.

“Os xubilados lucenses, que por primeira vez na historia vense na obriga de pagar os seus medicamentos e reciben unha pensión media de 600 euros, sendo das máis baixas en España, teñen aínda menos poder adquisitivo. Ó feito de non actualizar as súas pensións en relación ó IPC, supuxo que Rajoy as recortase en 800 euros ó ano. É dicir, os 120.000 xubilados lucenses perderon nestes dous anos 96 millóns de euros”.

Sobre “o desmantelamento da Educación Pública”, o voceiro indicou que os recortes de Rajoy supuxeron “menos profesores, menos becas, menos unidades educativas, repago de comedores…”. Ó respecto dos recortes en infraestruturas, Martínez indicou que “paralizou a posta en marcha das autovías a Santiago e a Ourense, non fixo nin un só quilómetro do AVE, recortou o servizo de ferrocarrís…”

Exit mobile version