Site icon Crónica3.com A Mariña

Matamoros súmase a Antoñito na lista de convocados de España para o amigable ante Grecia

matamoros-barcelona13O máximo goleador burelista, Jorge Valhermoso Matamoros, sumouse a Antoñito na lista de convocados de Venancio López para o partido homenaxe a Kike Boned entre España e Grecia, que terá lugar o luns 11 de novembro, no Palacio dos Deportes de Murcia.

Para ambos os xogadores esta será a segunda oportunidade coa Vermella no que vai de tempada. Antoñito estreouse como internacional absoluto na última cita do combinado español, a semana pasada en Portugal. Matamoros participou nos compromisos ante Bélxica en Ceuta a finais de setembro.

Esta é a semana por excelencia dos internacionais laranxas. Xunto ao chamamento dos pupilos de Juanlu, tamén foi reclamada a presenza das burelistas Lida Mesías e Peque na concentración que a Selección Española Feminina realizará nas Azores entre o domingo 10 e o xoves 14 de novembro; durante esta estancia, o combinado de Venancio López disputará dous amigables fronte a Portugal, o 12 e 13 de novembro (19.30 horas).

Galicia Cadete
A Selección Galega Cadete tamén comeza a quentar motores con miras ao Campionato Nacional de España. O xogador do CD Burela FS Peixes Rubén Alejandro García, Mini, participará no adestramento previsto para este venres, 8 de novembro, no pavillón compostelán Monte dos Postes (17.00 horas).

*Foto: A Caixa Escura Producións

Exit mobile version