Site icon Crónica3.com A Mariña

Miguel Ángel Fernández e Pilar Rei, premios de Artesanía da Mariña

Miguel Ángel Fernández González faise co primeiro premio na categoría tracional e Pilar Rei Teixeiro, en contemporáneo, da primeira edición do Premio de Artesanía da Mariña de Lugo e reciben 1.000 euros en metálico cada un.

Así o decidiu o xurado tras unha análise pormenorizada da documentación presentada e a consecuente votación durante a reunión mantida en Viveiro este mércores 27 de novembro.

Fernández González foi destacado pola súa obra “Cuna” na categoría tradicional onde tamén se fixeron con premios adquisición de 300 euros cada un: Francisco Fra Rico por “Modelo de Trainera”, José María Rodil Arruña por “Reunión familiar”, Félix Antonio Paz Souto por “Panella na lareira”, María Luz Méndez Rodríguez, por “Enxebre” e María Jesús Alonso Pérez por “Aparello para marisco”.

Na categoría contemporáneo Pilar Rei Teixeiro resultou gañadora por “Acollimento”; mentres que os cinco premios adquisición foron para: Pilar Elvira Felipe por “Medusa”, Francisco Fraga Fernández por “Lámpara cubos”, María Carmen López Dovale por “Anfora arqueoloxía”, Dolores Trasancos Castelo por “Anfora rachada” e Hilario Rubal García por “Terrón de azucre”.

Exit mobile version