Site icon Crónica3.com A Mariña

Mujeres en Igualdad Burela, no Día contra a violencia de xénero

bumei-25NMujeres en Igualdad Burela participou nos acots organizados polo Concello de Burela cunha mesa informativa situada na porta principal da Casa do Concello repartindo lazos morados, chapas conmemorativas e catálogos de prevención de violencia de xénero, así coma información sobre cando denunciar e ante que organismos. Así mesmo, participaron novamente nos actos organizados polo Concello que incluía unha conferencia impartida por unha técnico do CIM baixo o título “Mujer, que es el CIM”. A presidenta do colectivo, Mary Fraga, fai especial fincapé na prevención e o asesoramento por parte de pais, titores, profesores, etc. de cara á educación dos nenos dende idades moi temperás para previr condutas violentas que se poidan desenvolver no futuro.

Exit mobile version