Site icon Crónica3.com A Mariña

“No dereito dos traballadores, Gómez Besteiro practica dous tipos de socialismo: o de cando goberna e o de secretario do PSOE” segundo os populares

Lugo 26 de novembro de 2013. Logo da xuntanza mantida este martes entre Deputación de Lugo, comité de empresa, xunta de persoal e algúns sindicatos, o Grupo Provincial do Partido Popular, tildou esta reunión de paripé e afirmou que no que atinxe ao dereito dos traballadores, o Señor Gómez Besteiro practica dous tipos de socialismo: o de cando goberna e o de secretario do PSOE.

Os populares puxeron de manifesto que o suposto convenio que esta mañá asinou o Señor Gómez Besteiro, non é novo, senón que é un mero plaxio do existente, que corresponde a súa política de marketing.

Afirman que a modifición da Relación de Postos de Traballo (RPT), que trouxo a Besteiro á Mesa beneficia a uns poucos en detrimento da maioría do persoal desta institución.

Critican que mentres que a maioría dos traballadores da Deputación de Lugo teñen os seus salarios conxelados e mesmo rebaixados, uns poucos, os que están ao seu carón, vense beneficiados.

Aseguran que Besteiro, en ningún momento, ten en conta a perda de poder adquisitivo dos funcionarios, senón que o único que se ten presente e que os traballadores que se sitúan preto de Gómez Besteiro.

Exit mobile version