Site icon Crónica3.com A Mariña

Novo sorteo do Campañazo este venres

campanazo1Este venres, a partires das 23 horas, terá lugar un novo sorteo do Campañazo, que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos durante os venres do mes de novembro e no que se porán en xogo outros 600 euros en vales de compra: 300 para o primeiro que cante o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados. No sorteo do pasado venres foron tres as persoas que se repartiron os 300 euros do bingo do Campañazo. Os afortunados foron: José Ramón Méndez Rodríguez, Manuel Vázquez Teijeiro e Ismael Neira Ramos, os tres seguiron o sorteo e cantaron o bingo na pizzería Xoíña. Outras seis persoas resultaron agraciadas con 50 euros en vales de compra cada unha.

Exit mobile version