Site icon Crónica3.com A Mariña

Nunca Máis sae ás rúas de Galiza para reclamar xustiza

ROLDA DE IMPRENSA NM LUGO - 1Nunca Máis convoca a toda a cidadanía de ben a saír de novo á rúa este 1 de decembro a celebrar, nun ton reivindicativo e tamén festivo, unha burla á farsa que supuxo este xuízo e do eloxio á impunidade que constituíu a sentenza. Convocamos a manifestación cidadá porque tan importante como o traballo xudicial é a mobilización social.

O traballo do voluntariado de Nunca Máis, e as mobilizacións foran importantísimas na regulación do tráfico mariño europeo e na posta en funcionamento dos Planos Erika I e II que marcan a obrigatoriedade de circular máis afastados das costas a barcos de Duplo Casco.

A Plataforma Nunca Máis conseguiu denunciar perante a opinión pública europea as vergoñas dunha administración indolente sinalando os verdadeiros culpables: Rajoy, Álvarez-Cascos, Cañete, Matas, De Mesa, López Veiga… Porén, o único imputado do gabinete de Aznar e Fraga, López Sors, agora absolto, nin sequera asumiu a responsabilidade dos seus actos, e mesmo recuncou na delirante teoría do afastamento como mal menor, reforzada agora co fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza.

Manifestámonos porque defendemos unha Xustiza independente, porque queremos que nunca máis volva haber un accidente como este, transformado en desastre por unha administración incompetente; e porque queremos garantías de seguranza nas nosas costas.

A marcha sairá o día 1 de decembro de 2013, ás 12.00 horas, diante do Edificio Multiusos da Xunta. Iremos ata a Subdelegación do Goberno onde se lerá un manifesto.

Exit mobile version