Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela solicitiu formalmente a modificación do Plano de Emprego da Deputación

Burela, 27 de novembro de 2013. O alcalde de Burela, o popular José María González Barcia, solicitou hoxe formalmente a modificación do Plano de Emprego que José Ramón Gómez Besteiro prepara para a Deputación Provincial e ó que só se poderán acoller doce concellos da provincia, e solo un con alcalde popular.

Barcia presentou sendos escritos no rexistro da Deputación, un co acordo por maioría absoluta do pleno burelés de modificación das bases do Plano de Emprego para que se poida acoller ó mesmo o Concello de Burela, e outro solicitando xa formalmente a participación do Concello burelés no indicado Plano.

O rexedor ten claro que “Besteiro ten que rectificar e incluír a Burela e ó resto de Concellos que quedan fóra dentro deste Plano de Emprego que de entrada é excluinte e discriminatorio. Un plan destas características non pode facerse así, marxinando Concellos e sobre todo marxinando parados. Besteiro ten que tratar ós parados do noso concello como se corresponde”.

O alcalde burelés foi máis alá e manifestou que “resulta chocante pero tamén patético que Besteiro diga que o PP está en contra dun plan de emprego. Estamos en contra de como está concebido este plan de emprego, que pode mellorarse substancialmente, e estamos sorprendidos de que agora, de repente, lle dea a Besteiro unha preocupación moi sospeitosa polos parados a ano e medio das eleccións municipais que lle poden facer saír da Deputación e polo tanto poñer en risco as súas aspiracións dentro do PSOE”.

José María González Barcia acompañou ó resto de alcalde populares na provincia que estiveron con Elena Candia, portavoz popular na Deputación, e co grupo provincial popular, na petición de celebración dun pleno extraordinario na Deputación para modificar as bases do Plano de Emprego de Gómez Besteiro.

Exit mobile version