Site icon Crónica3.com A Mariña

O Barco Museo Reina del Carmen xa se atopa no seu punto de atraque

Burela, 22 de novembro de 2013. O barco museo Reina del Carmen atópase desde este xoves no seu punto de atraque despois de pasar varios días no carro do varadeiro, onde foi sometido ás correspondentes labores de mantemento, segundo anunciou esta tarde a concelleira do Mar, Patricia López Eijo.

A edil popular explicou que “lle foron substituídas dúas placas e arranxouse unha parte do carel. O que queda pendente agora é pintar a cuberta, pero será cando o tempo o permita”. López Eijo subliñou que “o barco queda, deste xeito, en perfecto estado. Todo o que é a parte mecánica, electrónica e eléctrica funciona correctamente”.

A concelleira de Mar engadiu que “as Delegacións de Turismo e Mar estamos a preparar unha campaña divulgativa do barco museo Reina del Carmen e doutros recursos turísticos de Burela. Dita campaña presentarémola en breve”.

Exit mobile version