Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo insiste en que “o goberno local debe ter como prioridade solucionar os problemas da xente empadroada en Cervo non daquela que vive fóra”

Cervo, 25 de novembro de 2013. O BNG de Cervo diante da resposta da edil de educación en relación aos problemas xerados polo Decreto de comedores que xerou unha forte contestación no CEIP de Cervo con alumnado de zonas rurais que levan xa dous meses con mobilizacións e xantando ás portas do centro escolar considera, como xa manifestou en días pasados, que o goberno local se quere facer fronte ao problema debe asumir a necesidade de arbitrar solucións viábeis que pasan por suplir dende o concello as carencias deixadas polo Decreto de Comedores. Nesta liña insisten en que o transporte escolar que o goberno local acepta como alternativa non é viábel por incompatibilidade co horario escolar, ademais e cuestionan a lexitimidade da enquisa promovida polo propio concello en relación a este asunto xa que ademais de non ser clara, debera estar promovida polo Consello Escolar do CEIP, non por unha das súas partes.

NON ACEPTAN O FINANCIAMENTO CON FONDOS MUNICIPAIS DO TRANSPORTE DE ESCOLARES NON EMPADROADOS NO MUNICIPIO
Os nacionalistas, en contestación ás declaracións da edil de educación Pilar Armada, insisten en que “as arcas públicas non están para solucionar problemas de residentes noutros municipios, senón para atender necesidades da veciñanza que reside e paga os seus impostos en Cervo.” Cualifican de “peregrina” a resposta da edil de educación, que en calquera caso recoñece a intención de financiar transporte escolar a residentes noutro concello, “aínda tendo prioridade para residentes”.

Neste sentido afirman que se o goberno local tivera vontade de resolver o problema “faríao pero o único que trata é de apagar as protestas contra un Decreto de comedores inxusto, que atenta contra dereitos adquiridos e lesivo para o alumnado residente en zonas rurais.”

O TRASPORTE ESCOLAR A MEDIO DÍA DIFICILMENTE SERÁ VIÁBEL CO HORARIO ESCOLAR E SOMETERÁ AO ALUMNADO A UN STRESS INNCESARIO
Da mesma maneira dubidan da viabilidade dun transporte escolar a medio día que someterá ao alumnado a un stress innecesario que non existiría mo caso de que o concello asumira a necesidade de arbitrar solucións viábeis que pasan por suplir as carencias deixadas polo Decreto de Comedores ou pedir a derrogación desta normativa.

A CONSULTA PROMOVIDA POLO GOBERNO LOCAL NON É CLARA E DEBERA, NO CASO DE FACERSE, ELABORARSE A PARTIR DUN ACORDO DO CONSELLO ESCOLAR DO CEIP AFECTADO.
Os nacionalistas tamén “cuestionan a lexitimidade” da consulta nais e pais do CEIP de Cervo proposta polo goberno local para preguntar pola súa proposta de por en funcionamento unha liña de transporte escolar no horario de comedor. Ademais de non aclarar como van ser as rutas e tempos dos recorridos, tampouco aclara si o voto afirmativo deixará mans libres ao goberno municipal para financiar transporte a non empadroados. Para o BNG non parece normal que unha parte do Consello Escolar do CEIP – o concello – promova unha consulta que, de facerse, debera estar promovida polo conxunto do Consello, non por unha parte.

Exit mobile version