A Mariña, 5 de novembro de 2013. O BNG da Mariña reclamou medidas urxentes por parte da Xunta de Galiza para frear a sangría do desemprego na comarca onde medra o desemprego en relación ao mes de setembro en 302 persoas situándose por riba da media da media do incremento galego cun 5.6% e un 2.8% por riba do medre na provincia cunha porcentaxe do 40% do incremento total na provincia en relación ao mes anterior. Os nacionalistas chaman a atención sobre a desfeita do desemprego en todos os sectores salientando o número de demandantes de emprego no sector servizos con 3.523 persoas da 5.414 que buscan emprego na comarca.
O BNG RECLAMA MEDIDAS ESTRUCTURAIS PARA DARLLE A VOLTA A SITUACIÓN QUE VAI CAMIÑO DE CONVERTER A COMARCA NUN DESERTO ECONÓMICO E LABORAL
Os nacionalistas mariñaos reclamaron actuacións decididas por parte da Xunta de Galiza para frear a sangría do desemprego na comarca, advirten que ao marxe da multinacional do aluminio, é difícil ver algún sector que tire da economía da comarca despois da desfeita producida nos últimos tempos en empresas claves no noso territorio ou os ataques constantes que sofren sectores produtivos propios da comarca como a pesca ou o sector agro- gandeiro golpeados por políticas europeas e sen defensa por parte da Xunta de Galiza ou o Estado Español.
Aos nacionalistas non lles valen parches ou anuncios para de planos para a galería como foi o Impulsa Lugo que so valeu para encher de titulares os medios de comunicación e en ningún caso serviron para mellorara a situación á vista dos EREs, procesos concursais e mesmo peches de empresas importantes na nosa comarca.
O PP SEGUE SENDO UNHA FABRICA DE CREACIÓN DE PARADOS E OS BROTES VERDES NON EXISTEN AN ECONOMÍA REAL
Para o BNG mariñao o PP segue a ser unha fábrica de creación de parados por moito que falen de brotes verdes e inunden de propaganda os medios de comunicación, os datos da economía real son persistentes e ofrecen un panorama desolador que non axuda á esperanza.
Na comarca mariñá no seu conxunto medra o desemprego en relación ao mes anterior un 5,6% , o dobre que no conxunto da provincia e o país, cun incremento de 302 persoas na busca de emprego. Hai 2909 mulleres desempregadas por 2505 homes, por sectores no de servizos rexistrase a maior demanda de emprego con 3523 demandantes, seguido da construción con 750, industria con 508, sen emprego anterior con 357 e os sectores da pesca e agro con 276 persoas demandantes.