Site icon Crónica3.com A Mariña

Continúa en Burela o ciclo de Teatro en Outono coa representación de ‘Abordelar’

Burela, 27 de novembro de 2013. A Delegación Municipal de Cultura, dentro do ciclo Teatro no Outono, presenta este venres, ao grupo de teatro O Bordelo de Cervo coa obra Abordelar, de Francisco Piñeiro. A representación terá lugar na Casa da Cultura de Burela o vindeiro venres, 29 de novembro, ás 21:00 horas. A entrada será libre.

Segundo explican desde a Concellería de Cultura “no ano mil novecentos noventa e oito, despois de varias experiencias teatrais no Auditorio de Sargadelos, créase o colectivo cervense de forma estable, integrado na Asociación Cultural Airiños do Xunco, para abordelar ó carro do teatro afeccionado na Mariña. Dende aquela pasaron 15 anos, máis de 500 actuacións espalladas por toda Galicia e pólo occidente asturiano, nas que colaboraron un total de vinte e catro actores representando 16 obras, todas escritas e dirixidas por Francisco Piñeiro González. O Bordelo organiza dende hai trece anos as Veladas de teatro no Souto, catro días de teatro na primeira fin de semana de agosto e dende hai cinco anos promove a creatividade na Mariña realizando Express-arte”.

E engaden “Abordelar será a obra que veremos o venres, 29 de novembro, ás 21:00 horas . Unha sátira cómico-realista da situación esperpéntica dos días de hoxe nos que en nome da crise e da globalización esmagamos as nosas propias maneiras de nos definir e gobernar como pobo singular”.

Exit mobile version