Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela cae derrotado na súa visita a La Salobreja

matamoros_jaenO Burela Pescados Rubén caeu derrotado por 4-0 na súa visita a La Salobreja ante un Xaén Paraíso Interior que aproveitou mellor as súas ocasións. Durante o primeiro periodo os locais exerceron unha presión alta a un Burela que lograba liquidala con facilidade, pero esa claridade na saída do xogo transformábase en escuridade á hora de materializar as ocasións. O Burela Pescados Rubén perdoou en exceso e ao descanso chegouse sen goles.

Na continuación, o partido rompeuse a favor dos andaluces nos primeiros cinco minutos. Sergio, Yoni e Miguelín asestaron un golpe tras outro para situar un 3-0 sorprendente tralo visto no periodo inicial. O conxunto galego buscou a remontada e gozou de ocasións para engarcharse ao partido pero os paus, Prieto que ata detivo un penalti, e a escasa puntería laranxa impediron atisbar a remontada. Lolo Jarque redondeou a vitoria xienense (4-0) nos instantes finais do partido.

Ficha técnica:
Jaén Paraíso Interior: Prieto, Jorge Bellver, José López, Lolo Jarque, Montes –cinco inicial- Miguelín, Ureña, Buendía, Sergio García, Yoni.

Burela Pescados Rubén: Alex, Iago Míguez, Isi, Hugo, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Antoñito, David, Juanma.

Goles: 1-0, m. 22, Sergio García; 2-0, m. Yoni; 3-0, m. 25, Miguelín; 4-0, m.40, Lolo Jarque.

Árbitros: Cordero Gallardo, Linares López. Amonestaron con cartón amarelo a Jorge Bellvert, Lolo Jarque e Sergio García no Jaén. E polo Burela viron o cartón amarelo Hugo, Matamoros, Mimi e David.

Incidencias: Partido correspondente a la 12ª xornada da Primeira División.

Exit mobile version