Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS viaxa á Fonsagrada cun punto de vantaxe

O Burela FS Pescados Rubén B viaxará este sábado á Fonsagrada nunha excelente etapa defendendo a cuarta praza (16 puntos) cun punto de vantaxe sobre o Ribeira FS, que ocupa a sexta praza empatado co Santiago Futsal (15). O encontro da décima xornada de Terceira División comezará ás 12.30 horas (pavillón municipal).

Os de Iván Cao, Lucas, desafiarán as boas individualidades dos locais para buscar o seu cuarto triunfo consecutivo e engancharse ao podio ante un rival que chegará ferido despois da apertada derrota na pista do Santiago (4-3); á parte dos composteláns, nas últimas sete xornadas, tan só o ADFS Bueu puido arrebatarlle os puntos ao Ribeira FS (1-2, sexta xornada) noutro encontro tamén moi disputado.

Se non hai contratempos de última hora, o vestiario laranxa contará co regreso á convocatoria de Bruno de Nois, tras estar ausente dende comezos de tempada por rotura do quinto metatarsiano.

Exit mobile version