Site icon Crónica3.com A Mariña

O Colectivo de Nais e Pais afectados polo Decreto de comedores concéntrase no colexio de Xove

concentracion-colexio-xoveO Colectivo de Nais e Pais afectados polo Decreto de comedores participaron nunha concentración celebrada no colexio de Xove, convocada pola Fapacel, xunto a nais e pais das ANPAS de Foz, Cervo e Xove, este venres.

Así mesmo, o Colectivo de Nais e Pais de Cervo propuxo unha reunión co alcalde de Cervo que terá lugar este sábado 23 de novembro ás 10.30 horas co obxectivo seguir avanzando nunha medida que palie os efectos da perdida de dereito de comedor gratuito aos alumn@s empadronad@s en dito Concello.

Polo momento, o colectivo ven de emitir o seguinte comunicado:
Transcurriron máis de dous meses dende o inicio do presente curso escolar e a implantación do novo decreto de comedores e o colectivo de nais e pais do C.E.I.P. De Cervo en contra da supresión do dereito de comedor gratuito para @s alumn@s transportados queremos manifestar:

Galicia é unha Comunidade con moitísimos asentamentos poboacionais en núcleos illados e dispersos. Hai máis de trinta anos había pequenas e medianas escolas na maioria das parroquias. Por motivos económicos, entre outros, pecharon esas escolas (miles de escolas) e concentraron os alunos e alunas en centros escolares próximos a unha localidade e distante de todas as demais. O servizo de transporte e os comedores escolares crearonse inicialmente para salvar as dificultades de aceso ao ensino motivadas polo distanciamento do centro escolar e como compensación á pérdida dunha escola cercana.

A Constitución Española consagra o dereito á educación, correspondendo aos poderes públicos garantir o exercicio deste dereito en condicións de igualdade. A Administración proporcionaba os servizos de transporte e comedor escolar para garantir a escolarización dos nenos e nenas que non dispoñen dun colexio cercano aos seus domicilios.

A distancia do colexio ao domicilio determina a necesidade dos servizos de transporte e comedor. É un criterio totalmente obxectivo: un aluno ou aluna que vive a 500 metros do centro escolar non necesita autobus para posibilitar a sua escolarización, os que viven a mais de dous Km. si o necesitan. Aos e ás alumn@s transportad@s non lles é posible acudir aos seus domicilios para comer, motivo polo que se viña dispondo do servizo de comedor gratuito, pois posibilitaba e garantizaba a sua plena escolarización. Nesta nova situación algunhas familias deben facer un gasto económico importante para posibilitar a escolarización, función que lle corresponde á Administración.

A educación é obrigatoria e gratuíta. Como cidadáns pagamos impostos en función da renta, como cidadáns recibimos os servizos públicos en igualdade e segundo necesidades obxectivas. Non é xusto que os/as que mais impostos pagan teñan que volver pagar por un servizo que xa pagaron e que debe aportar a Administración. É perverso chamar “ricas” a familias con ingresos de 9000.00€ per cápita/ano (menos do 50% da renta per cápita media do Estado español), e que teñan que pagar 1800.00€ /curso escolar, por dous fill@s escolarizad@s.

Os e as que temos lonxe a escola, normalmente tamén temos lonxe o comercio, os servizos sanitarios, farmacia, administración… e todo tipo de servizos. Aceder aos servizos e actividades supón un esforzo de tempo e diñeiro. Non podemos permitir que tamén teñamos que pagar para aceder a un dereito fundamental como é a EDUCACIÓN.

É certo que a maioria dos transportados non paga o menú do comedor escolar, pero antes non pagaba por ter un dereito recoñecido e agora tratase dunha subvención suxeita a variacións. Sabemos que os tramos de renta poden ser modificados no futuro, tamén que un novo decreto pode determinar o pago do transporte.

Comunidades do noso entorno como Asturias, Castilla y León ou Cantabria dispoñen de comedor gratuito para os transportados, tendo os seus habitantes rentas per cápita medias mais elevadas.

Pedimos a retirada do decreto de comedores e a reposición do dereito de transporte e comedor escolar gratuito para tod@s os transportad@s, por termos o colexio a mais de dous Km.

Colectivo de Nais e Pais afectados polo Decreto de comedores. Cervo, Novembro 2013.

Exit mobile version