Site icon Crónica3.com A Mariña

O Comité de Representantes Permanentes na UE aprobou o incremento dun 26% da cota de pescada norte

O COREPER aprobou este venres 15 de novembro o incremento dun 26 por 100 do TAC de Pescada Norte. En relación a esta aprobación, desde a Organización de Productores Pesqueiros de Lugo queren deixar constancia da súasatisfacción por este resultado, e o agradecemento ao traballo conxunto do sector e da Administración en aras a conseguir esta melloría de cotas.

Así, queren recordar o “esperpéntico da situación que se estaba producindo, con buques amarrados a porto por falta de cota, cando a situación do recurso que xera estes amarres, a pescada está nos seus mellores momentos, cunha recomendación de ICES que suporía aumentar ata en case un 50% a cota para o ano que ven. Afortunadamente a Comisión Europea fixo súas as peticións de incremento lanzadas polos Gobernos de España e Irlanda (e que a Organización de Productores Pesqueiros de Lugo solicitaran xa no mes de xuño) e hoxe no COREPER poderíamos dicir que se fixo historia, tras unhas semanas de longas e duras negociacións, con posturas contrarias inexplicables por parte de algúns Estados membros”.

Dende a Organización de Productores Pesqueiros de Lugo aplaudimos por tanto este incremento de cota, que será efectivo con toda probabilidade no Consello de Ministros deste luns 18 de novembro de 2013.

Exit mobile version