Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello comprométese co CEIP Cervo a renovar a instalación de fontanería do centro

Cervo, 20 de novembro de 2013- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Obras e Educación, Pilar Armada e técnicos municipais reuníronse con representantes da dirección do CEIP Cervo e da ANPA para coñecer as necesidades do centro. Unha xuntanza solicitada pola asociación de pais e nais e que incluíu un percorrido polas instalacións para valorar con detalle o estado dunha edificación con máis de 30 anos.

Tras a visita os asistentes coincidiron en que a prioridade nestes momentos é mellorar a instalación de fontanería do centro, que presenta certas deficiencias motivadas polo paso do tempo. Por iso, encargou aos técnicos municipais a elaboración dun proxecto de renovación da instalación da auga para decidir se é máis conveniente acometer as obras dunha soa vez ou en diferentes fases así como avaliar custos.

Deste xeito, o Concello comprometeuse co centro e coa ANPA a investir no mantemento e mellora do CEIP a través de fondos municipais co obxectivo de “garantir que o colexio de Cervo, ao igual que o de San Ciprián, sigan sendo un referente educativo”, explica Armada.

Exit mobile version