Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela celebra este xoves un Pleno extraordinario no que os edís do equipo de goberno non cobrarán pola súa asistencia

Burela, 20 de novembro de 2013. Este xoves 21 de novembro haberá Pleno extraordinario en Burela a partires das 11 da mañá para amosar o rexeitamento ao plan de emprego que promove a Deputación Provincial de Lugo.

O alcalde, José Mª González Barcia, acaba de anunciar que “os concelleiros do equipo de goberno que cobran pola asistencia á sesión plenaria renunciarán a recibir eses cartos e estes serán destinados a partidas de gasto social municipal”.

E engadiu que “os concelleiros que non cobramos por esa asistencia aportaremos do noso peto a cantidade que nos corresponde e darésmolle estes cartos a Cáritas”.

Exit mobile version