A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña recibe 2.000 euros; a Cáritas Parroquial foille concedida unha subvención de 1.000 euros; a asociación Esperanza recibe 300 euros; Camiña outros 300 euros; Mulleres con Igualdade 500 euros; a asociación de amas de casa conta cunha subvención de 300 euros; 500 euros recibe a asociación Xuntanza; a Confraría da Semana Santa conta con 1.500 euros; a asociación Vagalume recibe unha subvención de 300 euros e 400 euros son pas os xubilados A Moncloa.
O rexedor avanzou que “nos orzamentos do vindeiro ano consignaranse partidas presupostarias para a concesión de subvencións nominativas, aínda que polo momento non están fixadas as contías que se concederán nin as asociacións que as recibirán”.
Tanto González Barcia como Diana Durán subliñaron “o compromiso do equipo de goberno coas asociacións de carácter social. Estaremos ao seu carón axudándolles na medida das nosas posibilidades”.
O vindeiro luns, 2 de decembro, terá lugar a firma dos convenios coas asociacións de carácter cultural a partires das 13:30 horas. No acto estarán o alcalde e a concelleira de Cultura, Mónica Pedre.