Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela fixo entrega dos premios do XII Certame de Carteis do Día da SIDA

Burela, 28 de novembro de 2013. Ducias de persoas achegáronse este xoves en Burela á mesa informativa instala nas inmediacións do Centro de Saúde para conmemorar o Día Mundial da Sida, que se celebra o 1 de decembro.

A concelleira de Servizos Sociais e Sanidade, Diana Durán, dixo que “con esta xornada lembramos como previr a enfermidade e se mostra o apoio a aquelas persoas que xa a contraeron”. Ás once e media da mañá tivo lugar a entrega de premios do XII Certame de Carteis do Día Mundial da Sida do Concello de Burela. Este ano recaeron en Antía Baño Rodríguez e Saray Rozas Regal, do IES Perdouro, na categoría escolar; e nas Asociacións A Mariña e na Fundación Eu Son de Burela en categoría especial. Os agasallos foron entregados por Diana Durán e polo alcalde, José Mª González Barcia.

A edil popular subliñou que “o principal obxectivo desta campaña é a sensibilización da sociedade e o recordo de que a sida existe e está nas mans de todas e todos tomar medidas de prevención para poder freala. Durante toda a xornada informamos a todos aquelas persoas interesadas e repartíronse folletos informativos, preservativos, lazos e calendarios de peto co lema Previr a SIDA día a día”.

Exit mobile version