Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Ribadeo inviste 10.000 euros na colocación de suxeitacolectores na vila coma nas parroquias

Ribadeo, 25 de novembro de 2013. O Concello inviste 10.000 euros na colocación estes días de 27 suxeitacolectores tanto na vila coma nas parroquias. O obxectivo, segundo o alcalde, Fernando Suárez, é evitar que ante fenómenos climatolóxicos adversos os contedores acaben no medio da rúa e poidan ocasionar danos a peóns e vehículos.

O rexedor explicou que “iniciamos una nova fase para este ano 2013 da colocación dunha serie de bases suxeitacolectores para que os contedores do lixo non acaben no medio dos camiños ou das rúas sempre que hai vento e moitas veces provocan pequenos accidentes cando baten contra os coches, etc. Para iso, para dar seguranza, estamos colocando unha serie deles, 27 en total, tanto na vila de Ribadeo, en varias rúas, coma en moitas das parroquias e continuamos así coa acción similar que iniciabamos o ano pasado”.

Suárez Barcia dixo que “sempre o facemos de acordo coas asociacións de veciños, imos poñéndoos nos lugares que nos indican, en cruces ou en sitios nos que os contedores ás veces acaban nos camiños. Cunha inversión de 10.000 euros neste 2013 agora estamos a actuar en Vilaframil, Folgosa, Ove, Remourelle ou Couxela, entre outros, e tamén en varias rúas de Ribadeo. Sabemos que con isto non imos actuar en todos cantos contedores hai na vila, porque son moitos, pero coma cada ano imos actuando nunha parte importante, a ver si a corto prazo todos eles poden estar asegurados e que deixen de crear problemas cando hai vento ou cando hai temporal”.

Exit mobile version