Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello entrega estes días diverso material ás asociacións e clubes deportivos de Burela

Burela, 6 de novembro de 2013. O Concello entrega estes días diverso material ás asociacións e clubes deportivos de Burela.

A edil de Deportes, Beatriz Piñeiro, explicou que “o que fixemos foi atender ás necesidades que nos fixeron chegar os clubes e asociacións. No caso das escolas deportivas de fútbol entregámoslles un banquillo, dúas porterías, redes, etc. O clube de baloncesto pedíunos balóns e tamén se están a substituír os taboleiros do pavillón Vista Alegre por uns regulamentarios e adaptables para basket e mini basket. Nós adquirimos este material e o persoal do Concello está a proceder á súa colocación”.

Piñeiro engadiu que “na Casa da Xuventude instalarase tamén unha mesa de ping-pong. Deste xeito imos dando resposta ás demandas que nos fan chegar as asociacións e clubes deportivos de Burela. Estas actuacións veñen completar as melloras realizadas nos últimos meses nas instalacións deportivas de Burela. Con esforzo seguiremos a traballar nesta liña”.

Exit mobile version