Site icon Crónica3.com A Mariña

O Consello de Ministros aproba a distribución de 11,9 millóns de euros entre as CC.AA. para a execución de programas agrícolas e gandeiros

O Consello de Ministros aprobou este venres 22 de novembro a proposta do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a distribución de 11.921.544 euros entre as Comunidades Autónomas, para o desenvolvemento de distintos programas agrícolas e gandeiros. Así formalízanse os acordos adoptados nas Conferencias Sectoriales de Agricultura e Desenvolvemento Rural do pasado mes de marzo e de finais de xullo, parte de cuios fondos xa recibiron autorización para o seu reparto, no Consello de Ministros do 18 de outubro.

Da cantidade aprobada, 6.819.454 euros destinaranse á prevención e loita contra pragas, 1.000.090 euros para o fomento da industrialización agroalimentaria do Fondo Europeo de Pesca, mentres que os restantes 4.102.000 euros se utilizarán para financiar liñas de actuación orientadas á ordenación e fomento da mellora gandeira, a calidade das variedades vegetais e a certificación dos materiais de reproducción, así como para o fomento do asociacionismo agrario.

Sanidade da produción agraria
Neste apartado de Sanidade da Producción Agraria, o Consello de Ministros aprobou a territorialización de 6.819.454 euros para a prevención e loita contra pragas, liña que inclúe a erradicación de organismos nocivos de corentena ou novos no territorio nacional, tanto se é obxecto de financiamento comunitario a cargo dos Fondos de Solidaridade ou sen posibilidade de financiamento comunitario, e cuxa erradicación é obrigatoria pola normativa comunitaria ou española.

Así mesmo, esta partida está destinada ao control da langosta e outros ortópteros, e de organismos nocivos establecidos no territorio nacional (rede de seguemento das poboacións da mosca da froita).

Programas agrícolas e gandeiros
Dentro dos programas agrícolas e gandeiros, aprobouse a distribución de 1.482.420 euros para o fomento de razas autóctonas. Esta partida ten como beneficiarios as organizacións ou asociacións de gandeiros recoñecidas polas Comunidades Autónomas para a levanza do libro xenealóxico de razas autóctonas.

Para apoiar ao control oficial de rendemento leitero, aprobouse un importe de 1.517.580 euros. Este reparto realizouse tendo en conta o número de lactacións finalizadas e válidas, certificadas polas Comunidades Autónomas.

Tamén se asignaron 1.002.00 euros para a liña de actuación de calidade das variedades vexetais e certificación dos materiais de reproducción. As contías asignadas ás CCAA van en función do número de ensaios que estas deben de realizar das novas variedades presentadas a rexistro, o que están sendo comercializadas en territorio nacional.

Para o fomento do Asociacionismo Agrario, aprobouse o reparto de 100.000 euros. Para calcular as cantidades a distribuír tívose en conta as solicitudes de financiamento presentadas polas correspondentes CCAA para o pago ás Agrupacións de Productores, así coma os remanentes existentes.
Tamén se aprobou a asignación de 1.000.090 euros para o Fomento da industrialización agroalimentaria do Fondo Europeo de Pesca.

Exit mobile version