Site icon Crónica3.com A Mariña

O encontro Viveiro FSF – FSF Concello de Guntín sáldase en empate a 4 tras constantes alternativas no marcador

Viveiro FSF 4 – Fsf. Concello de Guntín 4

Viveiro.: Diandra, Nerea, Marta, Andrea e Xiana. Tamén xogaron.: Raquel, Rocio, Goretti e Lorena.

Guntín.: Sara, Paula, Noelia, Lorena e Laura. Tamén Xogaron.: Lucía, Denisse e Nerea.

Polo Viveiro marcaron.: Xiana (2), Nerea e Marta.
Polo Guntín.: Laura (3) e Paula.

Partido de alternativas o disputado no Pavillón Antonio Tarrio, onde o numeroso público presente poido disfrutar dun partido competido e con constantes alternativas no marcador.

O Viveiro recibía ao Concello de Guntín, ao que si ben a tempada pasada conseguira derrotar nos seus dous enfrontamentos, este ano a hisotoria era ben diferente, xa que se trataba do primeiro equipo do Guntín, que o ano pasado competira na liga autonómica na que conseguira a permanencia, pero que problemas económicos fixéronlle renunciar a disputar este ano dita liga.

O partido comezou coa presión a todo cancha das xogadoras do Viveiro, pero o Guntín aproveitaba as contras e algúns erros defensivos para chegar con perito diante da meta defenddida por Diandra. Foi nun destes achegamentos cando conseguiu adiantarse 0-1 no marcador. O Viveiro logrou dar a volta ao resultado e situar o 2-1 no marcardo, cos goles de Xiana e Marta, sen conseguir maior ventaxa debido a actuación da porteira visitante, aos paos e a un arbitraxe un tanto anticaseiro, que non veu como a porteira do Guntín paraba un balón coas mans claramente fora da área e tamén deixou de sinalar un claro penalti a favor das locais. Estas decisións sacaron do partido as xogadoras locais, o que as visitantes aproveitaron para irse ao descanso gañando por 2-3.

Na segunda metade o Viveiro logrou axustar mellor a defensa e subía o empate ao marcador, obra de Nerea, mediada a segunda metade, dispoñendo de numerosas ocasiòns, que unhas veces os paos e outras a porteira, evitaron que se convertiran en goles.

De novo o Guntín voltou a aproveitar un desaxuste defensivo para volver a adiantarse, o que fixo que o Viveiro subese liñas en busca do empata, o que conseguiu Xiana a falla de escasos tres minutos para o final.

Nestes últimos minutos o Viveiro disfrutou de un par de ocasións para levarse o partido, pero esto non foi posible.

En resumen, un novo empate do Viveiro, esta vez na súa casa, que fai que siga sen coñocer a derrota nestas primeiras xornadas de liga, pero que sabe a pouco visto as ocasións desperdiciadas.

A próxima xornada o Viveiro visita ao Lucense FSF, un equipo que se lles resiste as viveirenses, xa que nestes últimos anos ainda no lle puideron arrincar ni un punto.

Exit mobile version