Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Popular de Burela acusa ó PSOE de “submisión a Besteiro e de cobardía política”

Burela, a 23 de novembro de 2013.- O Grupo Municipal Popular (GMP) do Concello de Burela asegura que “o PSOE burelés non é quen para falar de emprego, pola sinxela razón de que o pasado xoves actuaron con auténtica cobardía política non dando explicacións de porqué non queren que Burela e os parados de Burela se acollan ó Plano de Emprego da Deputación, a acatando de forma sumisa e humillante os dictados do Gómez Besteiro”.

Desde o GMP foron contundentes: “nós asumimos as responsabiidades como goberno, damos sempre a cara explicando o porqué da nosa toma de decisións: fixémolo sempre, mesmo con Sogama. Pero Besteiro, e os acólitos de Besteiro en Burela, comenzando por Llano, teñen a cara de despreciar a Burela sen dar ningunha explicación. Fixérono agora con Plan de Emprego da Deputación e tamén o fixeron co Torques, sen ir máis lonxe.”

“E esto é tan evidente, indican desde o GMP burelés, que o alcalde de todos os veciños e veciñas de Burela solitou desde hai máis de medio ano en dúas ocasións senllas entrevistas co Sr. Besteiro e ainda está agardando pola resposta, o que demostra o talante político deste señor”.

Os concelleiros populares aseguran que “nin Besteiro nin o PSOE burelés poden dar leccións de nada en materia de emprego: o investimento da Deputación desde o verán de 2011 en materia de emprego en Burela é igual a cero euros. E os socialistas de Burela, comenzando por Llano, practicaron o chalaneo e o enchufismo, como pasou co Pacto Territorial polo Emprego, do que Llano foi presidente”.

POla contra, indican, “as aportacións da Xunta en materia de emprego no presente ano permitiron contratar trinta desempregados, formar outros setenta e cinco con cursos homologados e con certificados de profesionalidade e mesmo subvencionar parte dos soldos de determinados postos de traballo de persoal laboral do Concello”.

Desde o Grupo Municipal Popular de Burela aseguran que “resulta sospeitoso que o Sr. Besteiro aposte, según el, tan decididamente polo emprego en 2014. Eso mesmo pasou con Lugo Emprega hai catro anos: todo marcado polo período electoral que viviremos á volta de un ano, e no que o Sr. Besteiro se xoga o todo ou a nada dentro do seu partido. En definitiva, emprego de usos públicos con afán puramente partidista e personalista”.

Exit mobile version