Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo Municipal Socialista de Foz aclara que a Licencia urbanística para construcción dun edificio na zona de Marzán pola que o Concello ten que devolver uns cartos foi solicitada pero non foi concedida polo anterior goberno local e pídelle ao alcalde que non confunda ós veciños

Dende o Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de Foz lle pedimos ao alcalde que deixe de faltar á verdade e botarlle a culpa de todo o que acontece no Concello ao anterior goberno, e queremos deixar claro que a Licencia urbanística para construcción dun edificio na zona de Marzán pola que o Concello de Foz ten que devolver uns cartos á empresa solicitante da mesma non chegou a ser concedida polo anterior goberno local, é certo que foi solicitada e que se requeriron a Patrimonio os informes necesarios para informala, pero, dado que non se cumprían os requisitos que marca a lei, non chegou a ser concedida en ningún momento.

Como proba de dito feito, imos solicitar ao alcalde no próximo Pleno que nos informe da data na que supostamente foi concedida, segundo él, dita Licencia, e que nos diga quen votou a favor nesa Xunta de Goberno Local, e lle pediremos que entregue unha copia da Acta da mesma ao noso Grupo e aos medios de comunicación.

Neste senso, dende o Grupo Socialista aproveitamos para recordarlle ao Sr. alcalde, xa que tanto se queixa continuamente da situación económica do Concello, que, cando chegou ao goberno, tiña nas arcas municipais máis de 600.000 euros, depositados en varias entidades bancarias, e por aquel entón, no mes de xuño de 2011, aínda estaban sen recadar o Imposto de vehículos e a contribución rústica e urbana, cuio montante total ascende á suma de 3 millóns de euros, polo que non entendemos os seus continuos lamentos nin a súa pésima xestión, e haberá que comprobar como deixa o actual Equipo de Goberno o estado das arcas municipais cando remate esta lexislatura.

Así mesmo, no tocante á situación económica do noso concello, queremos manifestar tamén, unha vez máis, o orgullosos que estamos de non haber aprobado o famoso Plan de pago a proveedores que tanto sirve de pretexto ao Sr. Castiñeira para tratar de xustificar a súa nefasta xestión, pois se ben é certo que durante os últimos meses se estivo detraendo ao concello unha cantidade da participación nos impostos estatais, a finais deste ano se deixará de detraer dita cantidade porque a débeda asumida co goberno central polo pago das facturas aos proveedores quedará totalmente saldada, resultado que dende o Grupo Socialista nos deixa satisfeitos, pois se o Plan de pago a proveedores se houbera aprobado o noso concello quedaría hipotecado durante varios anos e tería que abonar uns intereses elevadísimos de entorno a uns 300.000 euros, e, en cambio, a día de hoxe a débeda por dito concepto se atopa xa saldada. Ademáis, outra das esixencias que conlevava a aprobación de dito Plan de pago a proveedores, era a aprobación dun Plan de axuste que implicaba unha suba xeralizada de impostos a tódolos veciños de Foz, e que non saiu adiante gracias a que as forzas da oposición votamos responsablemente en contra.

Exit mobile version