Ás 10:20 da mañá saíron das instalacións do IES camiñando ata a área recreativa do Monte San Roque, onde chegaron sobre ás 11:30 horas. Logo tiveron unha serie de xogos populares, actividades relacionadas coa natureza dentro do proxecto “Voz Natura”no que participa, e unha visión da orografía do entorno de Viveiro (montañas, ríos, a ría…). Tamén fixeron os traballos típicos de preparación do magosto: preparar as castañas para asar, acendelo lume, e asar as castañas. Sobre as 13:30 comeron. Ao remate do xantar, procederon a limpar de lixo os espazos onde fixeran as actividades. Finalmente sobre as 16:30 baixaron a pe ate as instalacións do centro onde chegaron preto das 17:30 horas.
Esta é unha actividade que se ven facendo tódolos anos.