Site icon Crónica3.com A Mariña

O martes 5 de novembro non haberá recollida de lixo en Burela

Este domingo, 3 de novembro, celébrase o día do patrón do servizo municipal de limpeza. A festividade pásase para a vindeira semana e desde a Concellería de Medio Ambiente informan que “o martes, 5 de novembro, non haberá recollida de lixo en Burela. Ese é o día que pecha a pranta de Barreiros”. Patricia López Eijo solicita á xente colaboración “para que, na medida do posible, traten de non depositar nos contedores de orgánico o lixo durante a xornada do luns, porque o martes non haberá recollida. Así evitaremos acumular moitos residuos nas rúas de Burela na xornada de festa do servizo de limpeza”.

Exit mobile version