Site icon Crónica3.com A Mariña

O novo centro de TDT de Alfoz porase en marcha este xoves mellorando a cobertura do sinal de 70 veciños de Alfoz e O Valadouro

Alfoz (Lugo), 13 de novembro de 2013.- Este xoves, día 14, vaise proceder ao traslado do equipamento do centro de extensión de cobertura do sinal de televisión dixital terrestre de Rizal, no concello de Alfoz, a unha nova torre soporte situada na Pena das Porcas, na parroquia as Oiras.

O centro de Rizal non daba unha resposta óptima ás necesidades de cobertura actuais da zona. Por este motivo, o alcalde de Alfoz, Emilio Lousas, e a delegada territorial da Xunta en Lugo abordaron a posibilidade da colaboración por parte da Secretaría Xeral de Medios para mellorar a cobertura da TDT. A actuación permitirá mellorar a recepción do sinal de TDT e da que se beneficiarán preto de 70 veciños dos concellos de Alfoz e O Valadouro.

Durante a realización dos traballos de traslado e a instalación do equipamento no novo lugar, producirase un corte na emisión de todas as canles de televisión que se están a emitir actualmente desde o centro. Este corte comezará ás 10 da mañá e está previsto que se prolongue ata as 18 horas. A maiores, producirase un cambio na frecuencia de emisión do múltiple público nacional, que pasará a emitir na canle 63 e que afectará á emisión dos programas de La 1, La 2, Clan e 24 Horas.

Unha vez realizado o cambio, para poder sintonizar as canles que ofrece a TDT, os interesados deben dispoñer da cobertura deste centro. Poderán confirmar o centro servidor correspondente a cada zona ou ben a calidade da cobertura tanto por vía telefónica –chamando ao 981 572 154-, como a través da web da Oficina Técnica da TDT –www.tdtgalicia.es-.

Cando rematen os traballos para poder visualizar os programas de La 1, La 2, Clan e 24 Horas basta con realizar unha busca na canle 63 no televisor/sintonizador.

Aínda que a orientación das antenas receptoras das vivendas non debería variar respecto á actual, pode haber casos nos que sexa preciso modificar a súa inclinación, xa que o novo emisor está situado nunha cota máis alta.

No seguinte cadro detállanse as entidades de poboación  afectadas polo corte e o cambio de frecuencia:

Concello

Parroquia

Nome entidade

ALFOZ (LUGO)

LAGOA (SAN VICENTE)

AS ABELAIRAS

ALFOZ (LUGO)

LAGOA (SAN VICENTE)

LAVANCO

ALFOZ (LUGO)

LAGOA (SAN VICENTE)

VAO

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

A ABELLEIRA

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

ANIDO

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

MARÍA ARTEIRA

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

O LAGAR

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

O LEIRADO

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

O SOLLOSO

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

PIÑEIRO

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

TEIXEDA

O VALADOURO (LUGO)

FREXULFE (SANTA EULALIA)

VILARES

Exit mobile version