Site icon Crónica3.com A Mariña

O Partido Popular de Mondoñedo alerta do abandono e falta de mantemento en inmobles rehabilitados do barrio do Vilar

Mondoñedo, 23 de novembro de 2013- O Partido Popular de Mondoñedo alerta do abandono e a falta de mantemento que amosan algúns dos inmobles rehabilitados no barrio de Vilar.

Os populares denuncian que algúns destes edificios, acondicionados a través de obradoiros de emprego da Xunta, para habilitar un centro de interpretación da prehistoria, presentan un lamentable estado, chegando a presentar algúns deles importantes danos.

Dende o Partido Popular pídenlle explicacións ao equipo de goberno local pola “irresponsabilidade” que están a demostrar en torno ao coidado e mantemento desta localización; ao tempo que denuncian estar ante unha mostra máis da “incapacidade” do bipartito (PSOE e BNG) na “xestión do diñeiro público”

O goberno local, encabezado por Orlando González, non é “quen de aportar ideas e mellorar o que temos”, pero “o que é peor” tampouco, explican dende o Partido Popular, “ten a capacidade de xestión necesaria para conservar en bo estado o patrimonio do que dispoñemos”.

Exit mobile version