Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo denuncia a situación de abandono na que se atopa o auditorio

auditorio-mondoñedoMondoñedo 16 de novembro de 2013. O PP de Mondoñedo denunciou este venres a situación de abandono na que se atopa o entorno do auditorio e o propio edificio.

“Tan só con achegarnos ao auditorio, podemos ver como maleza e especies de árbores nacen e invaden o propio edificio”- lamentaron, quenes criticaron que o goberno local non faga nada para atallar esta situación.

Os populares mindonienses denunciaron que a maleza está a nacer entre os edificios colindantes e o estado da edificación deteriorase de forma moi preocupante sin que exista mantemento.

Di o PP que esta situación é froito da deixadez e pouco traballo do goberno local, quen sen rumbo e sen proxectos por determinar non é quen de coidar a localidade.

Conclúen os populares lamentando, que este non é o único lugar descoidado da vila mindoniense posto que existen moitas outras deficiencias.

Exit mobile version