Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo pide ao rexedor a limpeza inmediatamente do entorno do auditorio de Cabanela

limpeza-cabanelaRibadeo, 27 de novembro de 2013. O presidente do Partido Popular de Ribadeo, Jesús López Penabad, pedíu ao rexedor que limpe inmediatamente o entorno do auditorio de Cabanela, asentado nunha área recreativa que está no propio centro marítimo e que une ós portos do municipio.

“A zona axardinada onde se asenta o auditorio e anfiteatro de Cabanela, atópase rodeada de escombros e nun estado lamentable”- denunciou Penabad, quen lembrou que “no momento que se sacan os escombros hai que poñer un colector e levalos a un sitio axeitado para recoller este tipo de materiais”.

O presidente do PP en Ribadeo pide ao rexedor que tome medidas no asunto, porque aquilo atópase nun estado deplorable, en pleno paseo marítimo de Ribadeo.

Exit mobile version