Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Riotorto resalta os preto de 15.000 euros que destina o goberno galego para a contratación de desempregados

Riotorto, 13 de novembro de 2013- O presidente do PP de Riotorto, Clemente Iglesias, agradeceu á Xunta de Galicia, concretamente ao departamento de Beatriz Mato, a subvención que concede a este concello mariñán, para que o equipo de goberno local se encargue de seleccionar e contratar persoal.

“13.500 euros destina o goberno galego ao concello de Riotorto para a contratación de persoal”- resaltou Clemente Iglesias, quen manifestou que gracias ao compromiso da Xunta de Galicia crearanse postos de interese social para o municipio que non poderían asumirse con recursos municipais.

Lembrou o presidente dos populares en Riotorto que esta subvención está englobada dentro dos programas de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e as entidades locais

Concluíu Iglesias agradecendo a Xunta de Galicia o seu compromiso co concello de Riotorto posto que gracias a esta iniciativa xerarase emprego nun momento de gran demanda de traballo na localidade.

Exit mobile version