Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro denuncia a nefasta xestión económica do alcalde e o equipo de goberno socialista

FOTO Rueda de prensa, 07-11-2013O pasado luns 4 de novembro tiña lugar a Comisión Especial de Contas para dictaminar a conta xeral do exercicio 2012 (por certo comisión express, xa que durou menos que si de preparar un café se tratase).

Hai que sinalar que todo isto chega fora de plazo, xa que esta reunión teriase que ter feito antes do 1 de xuño, para con posterioridade presentala ó Pleno e aprobala – se fose o caso- antes do 1 de outubro. Estamos iniciando novembro, e como moi axiña non se levará a Pleno ata finais deste mesmo mes. Unha vez máis, decatámonos do gusto do noso Alcalde e o seu equipo de goberno por incumplir os plazos, ainda que dende o PP chamámolo deixadez ou desidia, e por desgracia para o noso concello, temos outros asuntos ben recientes neste sentido, tal como foron o matadoiro muncipal e a propia guardería, onde todo se fixo fora de plazo ( e non precisamente porque dende o noso grupo non se houberan advertido en tempo e forma tales circunstancias).

As contas do 2012 siguen sendo as dun presuposto prorrogado dende o 2008, incumplindo polo tanto o estipulado nos artículos 162 e ss. do TRFL, presuposto onde os ingresos non eran reais, estaban inflados e non se recaudaban as cantidades presupostadas para o 2008, aínda que se seguiu gastando como si se ingresaran ditas cantidades, o que provocou a situación de endebedamento na que se atopa na actualidade o noso Concello – en boa medida polo gasto desmesurado e incontrolado dos gobernos PSOE-BNG – .

Non hai máis que reparar no dato de endebedamento por habitante que no 2011 era de 401 euros, namentres que no 2012 chega a cifra de 934 euros, precisamente por agachar numerosas facturas de caixón , cousa que antes moito criticaban, o que nos leva a pensar que a xestión económica do Sr. Roel deixa moito que desexar, aínda que el se escude en excusas de mal pagador e bote a culpa a outros, pero o certo é que en catro anos – do 2008 o 2011 – el soíño xerou maís débeda – 6 millóns de euros- que en vinte anos de goberno do PP.

Outro dato que resultan chamativo é que non se leva correctamente a contabilidade de amortización de capitais , o mesmo que ocurría nas contas do 2011, e non se adopta ningunha medida para solucionalo.

Hai grandes diferencias entre o preuspostado e o efectivamente recaudado polo IAE (presupostanse 87.950 euros de máis), polo ICIO (924.823 euros de máis) e polas taxas de licenzas de obras (468.126 euros); todas estas cantidades que non se recaudan, pero que permiten dispor dun crédito que logo non ten liquidez efectiva.

Pódese observar como se lle presupostan a SOGAMA 368.093 euros, pero logo non se lle paga prácticamente nada neste 2012, e o mesmo ocurre noutras partidas, posto que o estar os presupostos inflados, non se recauda o previsto e ainda que se consignen as débedas non se lles pode pagar por falta de liquidez; ainda que, os cidadáns si se lles cobrou pola eliminación do lixo, entón, onde meteron os cartos?.

O informe de intervención sinala que os gastos de persoal son máis baixos o 37,45% (fronte ao 41% do 2011 ) e abunda que haberá que seguir nesta línea si se quere cumplir o plan de axuste. Intervención recordalle o equipo de goberno que tería que ter presentado un estudio de retribucións e efectivos de personal antes do 30 de setembro de 2013 , tal e como se comprometeu na xunta de goberno local do 9 de abril do presente ano. A día de hoxe non se ten feito nada de nada ó respecto, o que indica unha vez máis a despreocupación financieira do alcalde e o seu equipo de goberno, que prefiren pagar os seu favores particulares a intentar por remedio a difícil situación económica a que teñen levado o Concello polo seu descontrol no gasto.

Por outra banda, o interventor sinala que o gasto corriente sigue sendo elevado un 40,30%, moi similar ó do 2011, co que se aprecia que tampouco se fai nada por rebaixar este apartado.

As facturas pendientes de aplicar neste ano a presuposto ascenden a 988.514 euros, o que provoca un remanente de tesorería negativo. O interventor recomenda un maior control para que non siga decrecendo a marxe de maniobra e liquidez que conleva o incumplimento na normativa do pago a proveedores. Así mesmo sinala, que hai unha necesidade de financiación de 874.660 euros.

Ao igual que acontece nas contas do 2011, intervención advirte de que non se pode contratar directamente por importes superiores ós 18.000 euros (importe límite do contrato menor).

O nivel de débeda viva situase no 119,55%, co que estaría por riba do 110% dos ingresos corrientes, límite previsto pola Lei Reguladora das Facendas Locais e por enriba do límite establecido polo RD Lei 8/2010.

A liquidación do Presuposto General do 2012 incumple o obxectivo de estabilidade presupostaria, entendido como a situación de equilibrio ou superávit en términos de capacidade de financiamento.

Ante esta situación o PP de Viveiro non vai apoiar unhas contas que supoñen un autentico lastre para o desenrolo futuro do noso concello; voltaremos a rechazalas co ánimo de que o Alcalde e o seu equipo de goberno corrixan esta forma tan manifiestamente incompetente e nociva para os intereses dos veciños e veciñas de Viveiro, que ven como os recursos que son de todos se malgastan dun xeito descontrolado e pouco riguroso.

Rogos
Ademais, os populares de Viveiro presentan tres rogos relativos á limpeza dos ríos; a colocación de anclaxes nos colectores de lixo que o precisan; e á limpeza de pistas e camiños de acceso a vivendas de diversas rúas e barrios.

Preguntas
Finalmente, os populares tamén preguntan “a canto ascende, a día de hoxe, o importe da conta 413 das facturas pendientes de aplicar a presuposto”; e, por outra banda, preguntan “se ten o goberno local algún proxecto, a curto ou a medio plazo, de instalación de enerxía solar, térmica ou fotovoltaica para as súas instalacións deportivas ou edificios municipais”.

Exit mobile version