Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Viveiro pregunta ao Concello pola falta de subministro eléctrico na antiga Escola de Area

Os populares de Viveiro trasladan á Corporación Municipal unha serie de preguntas sobre a escola de Area despois de recibir as queixas dunha serie de veciños usuarios deste local social.

Os veciños manifestan, segundo o Grupo Municipal Popular de Viveiro, que fai arredor dun ano que as instalacións da escola de Area se atopan sen fluído eléctrico. Polo tanto, queren saber se o equipo de goberno do Concello ten coñecemento desta deficiencia.

En caso afirmativo, preguntan dende cando son coñecedores desta situación. E, finalmente, interésanse por coñecer para cando estará prevista a reposición do fluído eléctrico na antiga escola de Area para que os usuarios podan empregala nas horas compatibles cos seus quefaceres.

Exit mobile version