Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que “o Plan de Emprego de Gómez Besteiro exclúe a 43 dos 67 concellos da provincia”

ROLDA PRENSA PLAN EMPREGOLugo 09 de novembro de 2013.- A voceira do Partido Popular na Deputación de Lugo, Elena Candia, acompañada de deputados provinciais, denunciaron este sábado en rolda de prensa que o plan de emprego promovido por José Ramón Gómez Besteiro e cuxas bases saíron publicadas hoxe no BOP, “impide que 43 dos 67 concellos que integran a provincia podan acceder a este plan”.

Elena Candia explicou que este plan exclúe aos municipios con máis de 5.000 habitantes ademais de todos aqueles concellos que entre os anos 2010 e 2013 fosen beneficiarios dun obradoiro de emprego. Unha situación, que segundo a popular, está a crear municipios de primeira e de segunda para José Ramón Gómez Besteiro; así como parados con máis ou menos dereitos en función da localidade de residencia

Os populares tacharon este plan de discriminatorio e explicaron que hai moitos concellos con máis de 5.000 habitantes cunha taxa de paro superior a municipios de menor poboación e a maiores exclúe a concellos que con poboación similar teñen maior número de parados.

Analizados os datos por poboación, Elena Candia censurou que máis do 85% dos lucenses non podan optar a participar neste plan, tanto é así que os 43 concellos excluídos suman unha poboación de 299.317 habitantes. A popular preguntouse se estes máis de 299.000 habitantes teñen menos dereito a un plan de emprego financiado con cartos públicos que os residentes dos restantes municipios que si poden participar.

Utilización dos parados con fins electoralistas

Unha vez analizados os prazos de selección e contratación dos traballadores, a voceira dos populares explicou que “sospeitosamente esta plan é coincidente coa época electoral, unha situación que se volve a repetir”. Un feito que, segundo Candia, demostra que a “José Ramón Gómez Besteiro só lle importan  os desempregados cando se aproximan as eleccións”.

Ademais, a análise deses tan só 24 concellos que poden acceder ao plan, evidencia que só 7 deles están gobernados polo Partido Popular, mentres que, polo tanto, os restantes (o 70,83% dos  concellos beneficiados) contan cun goberno do PSOE ou do BNG. Unha situación que amosa o desequilibrio deste plan e máis tendo en conta que o Partido Popular goberna nos 64% dos municipios.

Petición dun pleno extraordinario para corrixir o plan

Os populares solicitarán por escrito a celebración dun pleno extraordinario para que José Ramón Gómez Besteiro corrixa un plan “electoralista” que deixa fóra a 43 concellos da provincia.

A voceira do GPP explicou que o seu grupo lle solicita ao socialista que “pense menos no partido e máis nos lucenses e que a utilización do desemprego con fins electoralistas e pouco ético e non vamos a permitilo”.

José Ramón Gómez Besteiro deixou sen executar en 2012 uns 4,7 millóns de euros destinados á creación de emprego e a maiores converteu a Deputación de Lugo na única que non quixo asinar un programa en colaboración coa Xunta de Galicia e votou en contra da proposta do PP dirixida a creación dun plan consensuado cos municipios e cos sectores  máis representativos da provincia.

Os feitos evidencian que a Gómez Besteiro non lle preocupan os parados, senón os intereses partidistas, así o PP propuxo que un plan con menos duración, (neste caso 15 meses), chegaría ao dobre de xente. A maiores os populares pedíronlle ao socialista, “tan dado a facer comparacións”, que aprenda do Plan de Cooperación da Xunta que subvenciona a contratación de desempregados en todos os concellos da provincia, sen exclusión e en base a criterios obxectivos.

Concello

Poboación

% Poboación

Goberno

Parados

CONCELLOS EXCLUÍDOS POR TER MÁIS DE 5.000 HABITANTES

Lugo

98.457

28,22

PSOE

9.420

Monforte de Lemos

19.604

5,62

BNG

1.661

Viveiro

16.108

4,62

PSOE

1.336

Vilalba

15.116

4,33

PP

1.302

Sarria

13.524

3,88

PP

1.229

Ribadeo

10.061

2,88

BNG

764

Foz

9.978

2,86

PP

693

Chantada

8.783

2,52

IND

656

Burela

9.631

2,76

PP

715

Guitiriz

5.658

1,62

PP

397

Castro de Rei

5.422

1,55

PP

287

Cospeito

5.047

1,45

PP

299

Outeiro de Rei

5.046

1,45

PP

324

CONCELLOS EXCLUÍDOS POR TER OBRADOIRO ENTRE 2010 E 2013

Cervo

4.483

1,28

PP

278

Saviñao, O

4.314

1,24

PP

261

Mondoñedo

4.183

1,20

BNG

261

Friol

4.137

1,19

PP

227

Corgo, O

3.828

1,10

PP

178

Palas de Rei

3.656

1,05

PP

175

Xove

3.512

1,01

PP

184

Begonte

3.322

0,95

PP

197

Taboada

3.221

0,92

PP

165

Barreiros

3.124

0,90

PP

197

Pantón

2.860

0,82

PP

192

Láncara

2.866

0,82

PP

176

Baralla

2.834

0,81

PP

134

Abadín

2.760

0,79

PP

134

Carballedo

2.532

0,73

PP

130

Sober

2.478

0,71

PP

147

Lourenzá

2.399

0,69

PP

137

Antas de Ulla

2.219

0,64

PP

104

Valadouro, O

2.123

0,61

PSOE

124

Xermade

2.101

0,60

PP

129

Alfoz

2.009

0,58

PP

103

Vicedo, O

1.895

0,54

PP

133

Portomarín

1.690

0,48

PP

69

Rábade

1.674

0,48

IND

165

Páramo, O

1.555

0,45

PP

70

Nogais, As

1.295

0,37

PP

74

Folgoso do Courel

1.160

0,33

PP

54

Ourol

1.142

0,33

PP

52

Muras

754

0,22

PP

26

Triacastela

756

0,22

PP

25

Exit mobile version