Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que “só o 5% dos mariñáns teñen a opción de participar na selección do Plan de Emprego da Deputación de Lugo”

Lugo 11 de novembro de 2013.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, censurou este luns que só o 5% dos mariñáns teñen a opción de participar na selección do Plan de Emprego promovido pola Deputación Provincial de Lugo.

Neste senso, a popular matiza que só dous dos 15 concellos que integran a comarca, están integrados neste plan; o que evidencia un proxecto “discriminatorio” que crea concellos de primeira e de segunda sen guiarse por criterios “lóxicos”. Tanto é así que existen municipios excluídos cunha maior porcentaxe de parados respecto ás dúas localidades que si poderán participar deste plan público de emprego.

Un total de 70.648 mariñáns excluídos
Desta maneira, o 94,72% dos veciños da comarca non teñen nin tan sequera opción a participar no proceso de selección do Plan de Emprego promovido polo bipartito provincial.
Desta forma, os populares amósanse críticos con que un total de 70.648 mariñáns, dun censo poboacional de 74.589 habitantes, estean excluídos deste plan. Un feito que critican os populares, que reivindican a igualdade de dereito de oportunidades entre os parados dos diferentes municipios.

Dende o PP critican que o bipartito da Deputación de Lugo estea a crear cidadáns de primeira e de segunda, en función do municipio de residencia; ao tempo que lamentan que este plan de 2.000.000 millóns de euros só vaia dirixido ao 5% da poboación da Mariña, en concreto aos concellos de A Pontenova e Trabada.

A popular tacha de “non ético” a situación que se está a dar e amosa a dispoñibilidade do seu grupo que solicitará unha pleno extraordinario para modificar este plan promovido por unha institución desde a que se están a destinar fondos públicos para favorecer só “a uns poucos” creando “discriminacións entre os parados”.

Exit mobile version