Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP “non aceptará leccións do partido da vagancia, mentira, descoñecemento, mal facer e nula xestión”

Lugo, 16 de novembro de 2013.- Logo do teatro e das demagóxicas declaracións verquidas polos socialistas, os populares lucenses saíron este sábado á palestra para denunciar toda esta artimaña envolta de falacias que está pretendendo desenvolver o PSOE no tocante a SOGAMA.

En primeiro lugar, os populares tildan de surrealista que veñan agora os socialistas falando de Sogama, cando estando eles en San Caetano, non se preocuparon nin o máis mínimo por esta planta e proba disto viuse na nefasta xestión do bipartito, quen nada fixo por evitar que se tirase ao vertedoiro máis dun millón de euros anual dende 2005 a 2009 e tampouco nada fixo para incrementar a producción de enerxía eléctrica en Sogama.

ROLDA DE CONTRADICIÓNS
Os populares calificaron a rolda de prensa levada a cabo onte polos socialistas como “rolda de contradiccións” posto que por un lado o señor López Orozco manifestou que a suba do canon débese a unha decisión do goberno central da reforma eléctrica, algo que os populares nunca negaron.

“Outra cuestión, son os motivos desta suba”- afirma o PP, quen insta ao PSOE a que lle pregunte ao seu homólogo e ex Ministro Miguel Sebastián e a continuación expliquen á cidadanía cal foi a mala xestión.

DESCOÑECEMENTO TOTAL E ABSOLUTO
No tocante as declaracións verquidas polo señor Juan Carlos González Santín, os populares achácanas ao pouco tempo que estivo na Deputación de Lugo e ao seu total descoñecemento da Lei das Bases do Réxime Local e recálcanlle que o goberno galego non asume a suba do canon porque trátase dun servizo de competencia dos concellos, que son quenes teñen que financiar coa sua taxa e afirman que o aumento máximo por vivenda será dun euro ao mes.

Din os populares que “o colmo dos colmos” é o Señor Orozco, quen ten unha planta de compostaxe adxudicada dende o 2003 e nembargantes a día de hoxe está paralizada e non se puxo en marcha.

Os populares califican de ofensivas e de “bordear a inxuria” as declaracións socialistas, no tocante aos “sobresoldos” e alertan de que non se poden lanzar infamias de maneira gratuita e moito menos de aceptar leccións do señor Santín, unha persoa que estivo de asesor na Diputación cobrando un salario semellante ao presidente de Sogama e sen desenvolver ningunha actividade.

“¿Qué fixo o señor Santín nos meses que estivo cobrando da Deputación?”- pregúntase o PP, quen engade que aquí o único que está favorecendo aos seus amigos é o Señor Gómez Besteiro, a uns con contratos e a outros con cargos a favor do erario púlbico.

Os populares afirman que os socialistas están tan acostumbrados a empregar a liña da mentira que “xa todo é unha costume e lle sae de maneira natural.

Afirman que o salario do anterior Presidente de SOGAMA, do PSOE, era de 134.000 euros ao ano e nembargantes o do actual presidente é de 67.000 euros ao ano, brutos, unha reducción polo tanto, do 50%.

INSTAN A OROZCO A QUE ENTRE NA PÁXINA WEB DE SOGAMA E LEA A AUDITORÍA
Os populares instan a Orozco a que lea a auditoría de Sogama que está colgada na web da sociedade.

“Polo visto o Sr. Orozco, experto en Dereito procesal, penal e moi pronto urbanístico, descoñece a normativa contable das empresas”- manifesta o PP, quen lembra que SOGAMA, está obligada a elaborar anualmente unha auditoría cuxa memoria é publica e entre outras cousas, está colgada na web da Sociedade, algo que antes non se facía.

Os populares afirman que a FEGAMP é membro invitado do Consello de Sogama y remíteselle mensualmente toda a documentación da sociedade, ao igual que ao resto do consello polo que instan a Orozco que lla pida ao rexedor de O Barco, Vicepresidente de la FEGAMP e ao menos a lea, para así coñecer de primeira man os datos e non fale segundo as oídas.

Exit mobile version