Dende o PSdG-PSOE de Burela, e despois de pedirlle ó Sr Barcia en nota de prensa feita pública o día 22 de outubro, que dera explicacións públicas a todos os veciños e veciñas de Burela da concesión de subvencións a asociacións de Burela. Á vista da falla de explicacións, e ante o descontento que nos amosan as asociacións discriminadas por este reparto, non nos queda máis remedio que, cando menos, dar unha información relativa a este asunto. Foi por isto que convocamos ás asociacións que máis actividades promoven e foron excluídas deste reparto.
A reunión vai a facerse na sede local do PSdeG-PSOE de Burela o vindeiro luns día 11 de novembro ás oito da tarde, e nela imos a explicarlles ós membros das asociacións ás que non se lle outorgaron subvencións, en concepto de que e a contía exacta das subvencións que foron concedidas. Todo isto có afán de que teñan unha información avalada pola documentación que temos no noso poder, e que con ela poidan asistir á reunión que veñen de solicitar ó Sr Barcia con toda a información sobre este asunto e ninguén tente enganalos ou contarlles medias verdades.
Como xa temos denunciado noutras ocasións, está claro que o reparto das axudas nos parece inxusta, sen ningún tipo de obxectividade, caciquil e clientelar, na mesma liña na que o Partido Popular de Burela ben facendo política dende a súa chegada ó goberno municipal.