Site icon Crónica3.com A Mariña

O telecentro de Ribadeo acollerá tres cursos en decembro trala súa reapertura

Ribadeo, 26 de novembro de 2013. Volven as actividades formativas ao telecentro de Ribadeo, logo das obras alí realizadas e da súa reapertura o pasado 21 de novembro. En decembro vanse impartir tres cursos nesas instalacións.

O vindeiro luns, 2 de decembro, arrinca o primeiro deles: Iniciación á internet, que se impartirá de 10 a 12 da mañá ata o 5 de decembro. En total son 9 as prazas que se ofertan e a duración será de 8 horas.

O martes, 3 de decembro, comeza outro curso sobre Redes sociais: facebook. Os asistentes aprenderán a crear e manter unha conta nesta rede social. Para participar neste curso, que terá unha duración de 6 horas, é imprescindible ter unha conta de correo electrónico. Impartirase ata o 5 de decembro en horario de seis a oito da tarde.

E do 9 ao 12 de decembro terá lugar un obradoiro sobre A busca de emprego na rede, e no que os participantes poderán facer o seu currículo así coma responder a ofertas de emprego e participar en webs especializadas no sector. Cada un dos tres cursos oferta 9 prazas.

As persoas interesadas en obter máis información ou en inscribirse poden chamar ao seguinte ao 982 120 732 ou pasar polo telecentro de luns a venres en horario de 9:30 a 13:30 e polas tardes de luns a xoves de 16 a 20 horas.

Exit mobile version