Site icon Crónica3.com A Mariña

O vindeiro luns comeza unha nova edición do programa ‘Ximnasia de mantemento’ nas parroquias de Ribadeo

Ribadeo, 29 de novembro de 2013. O vindeiro luns, día 2 de decembro, empeza unha nova edición do programa de ximnasia de mantemento nas parroquias que organiza o Concello de Ribadeo, a través da Concellaría de Deportes. Esta actividade vai desenvolverse ata o 30 de maio.

Na parroquia da Devesa levarase a cabo os martes e xoves ás 16:40 horas; en Vilaousende será os luns e mércores ás 17:30; en Rinlo desenvolverase os martes e xoves ás 17:45; en Vilela realizarase os luns e mércores ás 18 horas; en Ove levarase a cabo os martes e xoves ás 18:30; en Vilaselán será os luns ás 19:15 e os xoves ás 19 horas; en Couxela desenvolverase os luns e mércores ás 20; en Remourelle realizarase os luns ás 20:45 e os xoves ás 20:30; e en Cedofeita, os luns e mércores ás 21:10 horas. A duración das clases será dunha hora.

O programa de ximnasia de mantemento nas parroquias de Ribadeo conseguiu un éxito de participación dende a súa primeira edición, como destacan o alcalde, Fernando Suárez Barcia, e o concelleiro de Deportes, Vicente Castro Reigosa.

Exit mobile version