Site icon Crónica3.com A Mariña

Oito clubs arrincan coa Liga Prebenxamín da Mariña de fútbol sala

Un total de oito clubs da bisbarra arrincarán esta fin de semana coa Liga Prebenxamín da Mariña de Fútbol Sala 2013-14. A competición, organizada pola Fundación Imdecum e rexida pola Federación Galega de Fútbol Sala en Lugo, distribuirase en dúas categorías, Prebenxamín 1 (nacidos/as en 2006) e Prebenxamín 2 (2007-2008).

A Liga de Prebenxamín 1 estará composta por AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas, ED Burela FS, Escolas Celeiro Xove FS, EDM Cervo, ED Lourenzá e Cidade de Viveiro, cun total de catorce xornadas que se prolongarán ata o 29-30 de marzo de 2014. Na xornada inaugural emparellaranse AD Santiago de Foz-AD Praia de Covas, ED Burela FS-Escolas Celeiro Xove FS e EDM Cervo-ED Lourenzá, co descanso de Cidade de Viveiro.

Prebenxamín 2 contará coa representación de AD Santiago de Foz, AD Praia de Covas e ED Burela FS, coa incorporación de ACD Xove. A liga inicial distribuirase en 6 xornadas, ata finais de xaneiro de 2014. Esta fin de semana mediranse AD Santiago de Foz-AD Praia de Covas e ED Burela FS-ACD Xove FS.

Exit mobile version