Site icon Crónica3.com A Mariña

Os barcos fondeados serán a ruina da pranta de alúmina, segundo o CSIF de Alcoa

O CSIF denuncia que o feito de levar máis dun ano con stock de bauxita a mínimos e ata por baixo do límite de seguridade establecido pola propia pranta e cun ritmo de produción frenético para seguir batendo record, está abocándoos a unha caída en picado a raíz dos exorbitantes custos de demoras que terán que pagar aos grandes mercantes que como unha gran flota están fondeados arredor dos Farallons, fronte á bocana do Porto de ALCOA en espera de poder descargar. Estes barcos foron expulsados da ria de Viveiro polas protestas dos pesqueiros, xa que lles impedían estender os seus aparellos de pesca.

Estas demoras por estar fondeados, pasarán de varios millóns de dólares e lastrarán os posibles beneficios que resulten da produción. O peor aínda pode estar por chegar, e é que de súpeto queden sen materia prima tendo que parar a produción, ao mesmo tempo que se terminarán outros compoñentes fundamentais para a pranta como o fuel-oil ou o cok de carbón, ou que non podan descargar a alúmina producida.

Hoxe están fondeados cinco mercantes con máis de 60.000 toneladas cada ún de bauxita, máis outro en plena descarga. Tres mercantes tamén fondeados en espera de poder cargar alúmina é a consecuencia do atasco que se produce no Peirao Principal. Este non dá marxe a poder aumentar o tráfico de mercantes, e en previsión deste problema marcouse un stock que, á vista está, non se respectou, e agora pagarán as consecuencias. O irónico do problema é que recentemente ALCOA impuxo unha cláusula no convenio do CSIF establecendo que para cobrar o IPC deberían de ter máis de 5 millóns de beneficios, “alá van os beneficios e o noso incremento salarial IPC”.

No 2007 con outra xefatura de Alúmina tivemos un problema similar porque tamén decidirqn quedar sen stock de bauxita para aforrar custos, e produciuse un corte de fornezo desde Guinea, país de orixe, por protestas internas contra o goberno de quenda. Iso deu lugar a enormes gastos que causaron perdas anuais.

Exit mobile version