Site icon Crónica3.com A Mariña

Os emigrantes retornados exercen presión no Pleno de Barreiros

Unha representación do Colectivo de Emigrantes Retornados da Mariña estivo presente (mostrando unha pancarta reivindicativa) durante a celebración do pleno municipal de Barreiros na noite do luns 25, en cuxa orde do día non figuraba a moción en solidariedade cos retornados sancionados pola Axencia Tributaria.

A devandita moción foi debatida grazas ao Grupo Municipal do BNG, quen a levou a pleno pola vía de urxencia. O rexedor manifestou que non a incluirá porque non tiña constancia da recepción do texto na institución que preside.

O Colectivo mantén en todo momento que a moción foi remitida a todos os concellos da Mariña. Ao cabo, a moción foi aprobada por unanimidade, como está a acontecer en todas corporacións locais da comarca.

Exit mobile version