Site icon Crónica3.com A Mariña

Os populares denuncian que o rexedor de Riotorto “adícase a andar por fóra” mentras ten desatendido o concello, e lémbranlle que quen lle paga son os riotortenses

Lugo, 5 de novembro de 2013.- Logo de que, a xuizo do PP de Riotorto, o rexedor deste concello, Federico Gutiérrez, “continúe na súa liña, da mentira, enganando aos cidadáns, con mensaxes alarmantes e levando a cabo actuacións totalmente descontextualizadas”, os populares riotortenses sairon a palestra para denunciar “este xogo que se trae o rexedor”, quen, “con anuncios e accións alarmantes está a amedentrar a poboación”.

“O deste señor é buscar protagonismo a base de lanzar mensaxes falsos e alarmantes sobre a sanidade”- denuncian os populares, quenes instan ao rexedor a que se poña a traballar polos seus veciños e deixe de tapar a súa “nefasta xestión” a base de facer teatro e xerar polémica cun tema tan sensible como é a sanidade.

Os populares manifestan que o rexedor de Riotorto se dedica a “andar por fóra mentindo e xerando polémica, mentras ten desatendido o concello” e lémbranlle que quen lle paga son os riotortenses.

Neste senso, urxen a Federico Gutiérrez a que se informe e logo fale posto que tódalas súas declaracións son “totalmente falsas e corresponden a esa obra de teatro que él iniciou”.

“O último capítulo da súa novela deuse onte, cando anunciou que solicitará por carta unha xuntanza co presidente da Xunta de Galicia”- denuncia o PP, quen urxe a Guitiérrez a que se informe e logo actúe, posto que todo o que dice non se axeita a realidade.

Rematan os populares instando ao alcalde a que atenda as demandas dos veciños de Riotorto, que son os que lle pagan e aos que ten totalmente desatendidos, e deixe o seu afán de andar por fóra, “facendo teatro cun tema tan sensible como é a sanidade”.

Exit mobile version