Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas acusan á Xunta de recorrer a sentenza do Prestige para “salvar a cara” mentres mandan unha “mensaxe de impunidade” á sociedade

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 13. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, advertiu que a Xunta ten anunciado recorrer a sentenza do xuízo do Prestige para “salvar a súa cara”. Nunha pregunta formulada na sesión de control ao goberno, o deputado socialista advertiu que o PP está “encantado” coa sentenza mentres os verdadeiros responsables da catástrofe volven estar no goberno.

O deputado socialista advertiu que o goberno galego “contribúe ao descrédito das institucións” enviando unha “mensaxe de impunidade” cando “coas súas políticas e coas súas accións pretenden vostedes converter este país nun lugar onde enviar un twitter pode custar 600.000 euros pero pasear, marear e afundir un petroleiro sae gratis”.

Deste xeito criticou que mentres o xuízo do Prestige sentaba na bancada dos acusados a “tres xubilados de mais de setenta anos, o capitán do barco, o xefe de máquinas e o ex director da Marina Mercante, López Sors”, final mentres o Rajoy dos “hilillos de plastilina” é presidente do goberno, o ex ministro de Pesca Arias Cañete volve ser ministro de Pesca e o delegado do goberno, Fernández de Mesa, é director xeral da Garda Civil.

Lamentou que a sentenza “de impunidade” deixa “sen culpables da catástrofe e sen responsables dos danos económicos” mentres os galegos fican “cun sentimento de desconcerto, decepción e mesmo de estafa”. Dixo que “os galegos non queremos gobernantes submisos que incluso acepten decisións que afectan aos intereses da colectividade”.

Val Alonso sinalou que “nesta primeira volta quen contaminou non paga” e reclamoulle que “fagan o posible por resarcir” unha catástrofe ecolóxica que alicatou de chapapote as costas galegas, damnificou a 30.000 mariñeiros e mariscadores e xerou unha factura estimada en mais de 2.000 millóns de euros.

Exit mobile version