A Asociación de Sendeirismo Pasada das Cabras de Burela, ten previsto facer o sábado día 9 de Novembro a Senda Verde de Agüeira en Villanueva de Oscos (Asturias) de 12 quilómetros e dificultade media/baixa. Os prezos serán de 25 € os socios e de 30 € os non socios e inclúe comida máis autobús. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Recoméndase levar botas. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 7 de Novembro ás 13,00 h.