Site icon Crónica3.com A Mariña

Perfomance musical e poética de UgMOV no Mosteiro de San Salvador

ugMOVMonumenta prepara en Lourenzá unha xornada completa de achegamento ao patrimonio e á creatividade o domingo 1 de decembro a partir das cinco da tarde. Xa, de mañá, os máis cativos poden achegarse aos obradoiros para saber máis das entradas das igrexas. E pola tarde, Unha faba, unha vida… unha performance músico-poética de UgMOV (Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol) por vez primeira en Galicia despois de ser presentada o ano pasado na Bretagne francesa. Estas dúas artistas unirán o seu traballo nunha palabra dentro do ciclo Monumenta e nun escenario coma a igrexa do Mosteiro de San Salvador de Vilanova de Lourenzá e posterior traslado ó Concello.

Exit mobile version