Achegámonos ao final de ano, e da man do Clube Pequeamigos da Rede repasamos o escrito nos últimos meses; páxinas de creatividade, de expresión, de diversión e de descubrimento na Rede Museística de Lugo. A programación outonal que se presenta para os meses de novembro e decembro de 2013 é unha proposta reformada e aberta, conformada por diversos obradoiros, cos que se pretenden xerar un acercamento das nenas e dos nenos ao museo e as súas coleccións, entendendo cada obradoiro como unha experiencia vivencial e enriquecedora en si mesma.
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo apóstase por acercarnos ás comunidades do noso contorno co fin de que atopen nos nosos museos unha oportunidade para o diálogo e a colaboración. Queremos capacitar ás xeracións máis novas a acceder aos museos de maneira autónoma, a aprender das coleccións, que valoren, respeten e defendan o valor da cultura e o valor do noso patrimonio como medio e ferramenta para a construción de sociedades más xustas, solidarias e libres.
OBRADOIROS NO MPLUGO
»»» MARTES DE CREATIVIDADE»
Deconstruír a Arte
Todos os martes do 5 de novembro ao 17 de decembro de 2013
A través dunha selección de obras de arte, imos a analizar cómo están feitas: formas, cores, e sensacións que nos producen, para a continuación construír novas ideas e pezas. Deconstruír a arte como acto creativo.
– De 4 a 8 anos
– De 18:00 a 19:30 horas
– Nº prazas: 20
»»» XOVES DE CREATIVIDADE
» TIC-TAC Novas Tecnoloxías
Do 7 de novembro ao 19 de decembro de 2013
Achegarémonos ao mundo das novas tecnoloxías cun programa eminentemente práctico: animación, blogs, páxinas web, aplicacións para móbiles e programas de radio serán algúns dos aspectos sobre os que traballaremos e aprenderemos de maneira divertida.
– De 17:15 a 18:15 de 12 a 14 anos
– De 18:30 a 19:30 de 9 a 11 anos
– Nº prazas: 10/grupo
»»» SÁBADOS DE CREATIVIDADE
» Arquitecturas soñadas. Comunidades do futuro.
9 Novembro e 21 Decembro de 2013.
Adentarémonos no mundo da arte dende a arquitectura, adoptando unha nova perspectiva: ángulos prohibidos, descoñecidos e soñados. En esencia, unha maneira divertida e creativa de ver o mundo.
– De 4 a 12 anos
– De 12:00 a 13:30
– Nº prazas: 20
» Deseños de Cerámica
16 de novembro de 2013
Veremos a evolución da cerámica presente no museo; dende pezas da prehistoria ata pezas da colección de Sargadelos, converténdonos en deseñadores.
– De 8 a 12 anos
– De 12:00 a 13:30 horas
– Nº prazas: 20
» Iniciación ao Gravado
23 de Novembro de 2013
Da man dos gravadores presentes nas salas do museo, coñeceremos as técnicas e ferramentas de gravado e teremos unha experiencia práctica facendo unha estampación en linóleo.
– De 8 a 12 anos
– De 12 a 13:30 horas
– Nº prazas: 20
» Monicreques30 de novembro de 2013
Con paos, teas e fíos converterémonos en titiriteiros, creando a Francis, a mascota do Museo provincial de Lugo que ten moitas historias que contarnos.
– De 4 a 7 anos
– De 12:00 a 13:30
– Nº prazas: 20
» A máquina do tempo
7 de decembro de 2013
Percorreremos a evolución da ourivería, descubrindo xoias que marcan distintas épocas e realizaremos a nosa propia composición.
– De 8 a 12 anos
– De 12:00 a 13:30 horas
– Nº prazas: 20
» Molde-ARTE
14 de decembro de 2013
Realizaremos diversas figuras e formas empregando diferentes tipos de materiais (barro, pasta de modelar) e ferramentas (espátulas, as propias mans, etc.)
– De 8 a 12 anos
– De 12:00 a 13:30 horas
– Nº prazas: 20